feiras de
cans de caza
Arzúa, 1988 a 2009
Historia
Arzúa foi pioneira en España na organización de feiras de cans de caza. Existían feiras de gando en Braga (Portugal) nas que se mercaban e vendían cans de caza, pero que non estaban adicadas de xeito monográfico a estos animais, así que as Feiras de Cans de Caza de Arzúa foron totalmente orixinais. Pronto se consolidaron como un importante evento para os cazadores e foron complementándose con xornadas gastronómicas, xornadas técnicas, concursos de fotografía, etc. que convertiron as Feiras de Cans de Caza de Arzúa nun referente en todo o estado español do que ano tras ano daban conta as revistas especializadas e a prensa en xeral.
Para empezar, tres feiras de cans o mesmo ano
O 6 de marzo de 1988, coincidindo coa XIII Festa do Queixo celebrouse no parque infantil de Arzúa a “I Feira-Desfile de Cans de Caza”, na que se presentaron uns 400 animais.
Os días 8 e 22 de outubro, nas mesmas datas que as tradicionais feiras quincenais de Arzúa, tiveron lugar nas naves do mercado de gando duas feiras de cans de caza. Contouse cun presuposto de setecentas mil pesetas e coa colaboración do Concello de Arzúa, da Sociedade de Caza Río ISO e varias firmas comerciais de Arzúa. A organización destas primeiras feiras estivo a cargo de Xan Vidal, Alfonso Carril, Xosé Ramón Mosquera, Moncho Torreiro e Francisco Rego.
Houbo stands con productos relacionados coa caza, realizouse unha desparasitación gratuíta dos animais e foi considerada un éxito pola organización. Na prensa mencionouse a asistencia de vendedores de Ourense, Arzúa e Viveiro, así como a venta de cans de razas “setter”, “podenco”, “ibicenco”, “beagle”, “sabuesos país” e “grifóns”.

Unha segunda edición con polémica
En 1989 volvéronse facer coincidir as datas das Feiras de Cans de Caza coas feiras do 8 e 22 de Arzúa. O lugar de celebración foi de novo o recinto da feira de gando ou “feira nova”. Estimouse en 7.000 a cifra de aficcionados que acudiron o sábado día 8 e en 1.500 os cans que se puxeron a venta ese día. Entre as transaccións realizadas, a prensa destacou a venta de catro exemplares da raza “Braco” por 400.000 pesetas.
A TVE fíxose eco das feiras no telediario, presentadoas como únicas en España, e o xornal “El Ideal Gallego” publicou un artigo titulado “Una triste feria de Cans de Caza” onde se acusou falsamente á organización de non respectar normas sanitarias ou de matrato os animais. Recibeu cumprida réplica no xornal “El Correo Gallego”, na sección Tribuna Libre, cun artigo de Xan Vidal Quintela titulado “La Feira dos Cans de Arzúa fue un éxito”.
Dez mil visitantes na terceira edición
No seu terceiro ano de historia, as Feiras de Cans de Caza xa non coincidiron ca tradicional feira quincenal de Arzúa (8 e 22) e pasaron aos domingos 7 e 21.
Na primeira destas datas, según a prensa, as persoas que asistiron como público ascenderon a 10.000 e houbo 720 vendedores que espuxeron máis de 2.000 cans. As transaccións feitas alcanzaron os 11,5 millóns de pesetas. O can máis barato foi un cachorro podenco de 5.000 pesetas, vendido para Ordes, e o máis caro un griffon-sabueso de tres anos que marchou para Ourense por 200.000 pesetas.
Ainda que se anunciou inicialmente que a Praza de Abastos acollería as Feiras de Cans de Caza, voltaron a celebrarse nas naves da feira de gando.
Os cans de caza no campo da feira en 1991
Entre 12.0000 e 15.000 visitantes estimaron os organizadores a primeira xornada da IV Feira de Cans de Caza que se fixo o día 6 de outubro. Nesta ocasión, as feiras celebraronse no campo da feira e no parque infantil, cifrándose os visitantes en 15.000 e os animais expostos en 3.000. Como transacción record mencionouse a dunha cadela raza Settler de 3 anos que mercou un médico de Santiago por 95.000 pesetas da época e que respostaba ao nome de “Dama”.
Unha quinta feira que bateu records
Os días 4 e 18 de outubro de 1992 celebrouse a Feira de Cans de Caza, no campo da feira. Falouse de 3.000 cans a venta e de 20.000 visitantes cada un dos dous días. O can estrela de esta edición foi o Setter inglés “Boy”, propiedade de Manuel Rebordelo e polo que se ofreceu un millón e medio de pesetas.
O sábado previo ao segundo día de feira, o 17 de outubro, celebraronse unhas xormadas técnicas que contaron, entre outros, cos presidentes da federación española e galega de caza, o director xeral de Montes, o campión de españa Enrique Orriols e o xornalista Luis Macías
Enfrentándose a Sociedade Canina Galega no 1993
Despois da festa de 1992, a Sociedade Canina Galega dirixeuse por escrito ao Concello de Arzúa advertindo que non se podían celebrar certames caninos sen a súa autorización. O Concello respostou o 1 de xaneiro seguinte ofrecendolle un stand gratuíto na feria a sociedade canina galega, e decíndolle que as feiras non eran asunto desa sociedade por non ser concursos de beleza, se non feiras.
En maio deste ano fundouse a Asociación de Amigos do Can e da Caza.
En canto a feira, na edición de 1993 o tempo non acompañou e cifraronse en 12.000 os visitantes, unha das transaccións destacadas pola prensa foi a venda dun sabueso francés de catro anos por medio millón de pesetas. Tamén se celebraron xornadas técnicas.
Séptima edición (non novena) cunha programación de luxo
En marzo do ano 1994 a Asociación de Amigos do Can e da Caza estivo presente en Valencia na FIVAC (Feira internacional de la Caza y de la Pesca) promocionando a feira que tería lugar os días 2 e 14, 15 e 16 de outubro. Ese ano houbo unha moi completa programación, xa que se celebrou por primeira vez a F.E.M.A.C. (Feira do Medio Ambiente e Caza), houbo xornadas técnicas, xornadas gastronómicas e xuntaronse en Arzúa todos os campións de caza menor con can nun Master de Campións. Adicionalmente, publicouse un caderno promocional das feiras e vila de Arzúa de 48 páxinas.
Polo que se refire á feira en sí, acudirón entre 15.000 e 20.000 persoas e venderonse unhos 1.000 cans. Destacouse unha oferta de 600.000 pesetas por un can de raza grifón do Barco de Valdeorras.
Na documentación das feiras de cans de caza celebradas os días 2 e 14, 15 e 16 de outubro de 1994 apreciase un erro na numeración deste evento, que se arrastrará en anos posteriores: a pesar de estar na séptima edición da feira, comenzase a falar nos medios da novena edición (El Correo Gallego, 3/10/994).
1995, na que se premiou ao campeón do mundo.
Ademáis da segunda edicion da feira F.E.M.A.C., xornadas técnias e xornadas gastronómicas e a propia feira de cans (en duas xornadas) ese ano prevíase a celebración dunha competición de tiro ao plato (I Trofeo Asociaicón de Amigos dos Cans e da Caza) que se suspendeu por non reunirse o número mínimo de inscripcións requeridas no regulamento.
O can “Gus”, do criador lucense Andrés Pena, e que fora proclamado o ano anterior campión de Europa e campión do mundo, veu a Arzúa e foi o máis galardonado ese polo xurado das feiras de cans de caza.
Introducese o concurso fotográfico no 1996
Ademáis de mater a Feira de Medio Ambiente e a Caza, as xornadas técnicas e as xornadas gastronómicas, as duas Feiras de Cans de Caza de Arzúa, celebradas os días 6 e 20 de outubro, vironse nesta edición reforzadas co primeiro concurso de fotografía de “Feiras de Cans de Caza”, dotado con tres premios en metálico de 150.000, 75.000 e 50.000 pesetas.
A prensa destacou ese ano que se pagaran 320.000 pesetas por un West Highland Terrier.
Un ministro e unha ministra na feira de cans de caza
En maio dese ano imparteuse na ACIC (Aula Cooperativa de Información e Cultura) un curso baixo o título “Elección, cría e adestramento de cans de caza”.
Os días 4 e 11 de outubro de 1997 celebrouse a décima edición das feiras de cans de caza de Arzúa. Houbo concurso de fotografía, e os daquela membros do goberno do Estado, Romay Beccaria e Loyola del Palacio viñeron a Arzúa.
A prensa falou de 15.000 visitantes, 5.000 cans e 2.200 transaccións. Destacouse a venta dos fillos do famoso can “Gus”, un korthals tres veces campión do mundo

Relevo na dirección da feira no 1998
Logo de dirixir dez edicións. Xan A. Vidal Quintela cede o testigo ao colaborador Antonio Sánchez, dimitiendo ao frente da Asociación de Amigos dos Cans e da Caza, e polo tanto, ao frente das Feiras de Cans de Caza de Arzúa. Houbo tamén concurso fotográfico, xornadas de adestramento e exhibción e premios aos mellores exemplares.
Baixo a nova edición celebraronse duas xornadas de feira de cans (o 4 e o 11 de outubro), con concurso de fotografía, xornadas de adestramento e exhibición e premios aos mellores exemplares.
Campeonato de San Huberto
O día 2 de outubro (sábado), empezou a programación das feiras de cans de caza do ano 1999 cun campeonato de San Huberto. Os domingos 3 e 10 de outubro celebráronse as duas xornadas de feira, que contaron con concurso de fotografía (cuarta edición) e con xornadas de adestramento e exhibición de cans de caza. Disntiguiuse a 20 criadores polos seus animais.
As feiras do 2000, adiantadas
Nesta déctima terceira edición (ainda que polo erro xa comentado se fale de decimo quinta na prensa) a primeira xornada da prensa foi o 24 de setembro e asegunda o 1 de outubo. O motivo de adiantalas foi qu ese ano a tempada de caza empezo o 15 de setembro. Houbo tamén campeonato de San Huberto (duas xornadas), concurso de fotografía e premios para os mellores exemplares
A choiva non impideu que as feiras foran un éxito
O 30 de setembro e o 7 de outubro de 2001 celebraronse outro ano máis as feiras de cans de caza en Arzúa, mantendo o concurso de fotografía, a competición de San Huberto, os galardóns aos mellores cans e as xornadas técnicas. A climatoloxía non acompañou pero igualmente foron un éxito. A prensa destacou a venda dun setter inglés por 1.800 euros.
No 2002 aumentaron os criadores de caza maior
O 29 de setembro e o 6 de outubro foron as dúas xornadas da feira de cans de caza no 2001, destacando a prensa a venta dun can de raza griffon po 3.000 euros e o incremento de criadores de caza maior. A feira estivo acompañada de outros eventos xa habituais, como o campeonato de San Huberto, o concurso de fotografía, os premios aos mellores exemplares ou as sesións de adestramento e exhibición de cans de caza.
Microchips e problemas presupuestarios no 2003
Na prensa dese ano vense acusacións cruzadas entre a prensa e a organización da feira, chegándose a falar da posibilidade de que non se celebrase po falta de axuda municipal. Finalmente houbo feira os días 5 e 12 de outubro, se ben non hai constancia dos outros eventos que adoitaban acompañala. Ese ano houbo veterinanrios implantando chips aos animais por un módico precio.
Segundo relevo ao frente da feira
No 2004 era presidente da Asociación de Amigos dos Cans e da Caza Juan Formoso. Ese ano houbo campeontao de San Huberto e premiouse aos mellores exemplares, recaendo case todos os premios en criadores galegos. As feiras foron o 26 de setembro e o 3 de outubro.
Chicho volve a organizar feira
No 2005, ano no que Chcho Vidal retornou á presidencia da A.A.C.C., a prensa dixo que baixara o número de participantes, peo que aumentara a calidade dos cans expostos. O tempo non axudou, xa que choveu. As feiras foron o 25 de setembro e o 2 de outubro.
5.000 visitantes no 2006
O 24 de setembo e 4 de outubro do 2006 houbo feiras de cans de caza en Arzúa, ainda que non queda constancia de ningunha outra programación adicional e a revista “caza e pesca galega” recolleu nas súas páxinas que chegou a anunciarse nese ano a non celebración. Na prensa falouse de 6.000 visitantes.
No ano 2007 cumpleu 20 edicións
Ainda que polo erro arrastrado de nos anteriores, se plasmou no cartel que se estaba a celebrar a XXII edición das Feiras de Cans de Caza de Arzúa, os días 30 de setembro e 13 de outubro celebrouse a vixésima edición da que a prensa proclamaba “a máis antigua de España”. Tanto choveu o primeiro destes dous días que non se poideron entregar os trofeos aos mellores exemplares. Falouse dun declive nas transaccións, motivado pola decadencia da caza menor.
As transaccións siguen a descender
O 28 de setembro e 5 de outubro de 2008 houbo en Arzúa feira de cans de caza, e comentouse as poucas transaccións, por haber pouca caza. Distingueuse con figuas de Sargadelos a once criadores.
2009, o último ano cunha soa xornada
Por primeira vez en toda a historia das feiras de cans de caza de Arzúa, houbo unha única xornada, que foi o 4 de otubro de 2009. O ano seguinte xa non houbo feira, rematando así un evento que fixo da vila de Arzúa a capital dos cans de caza entre 1988 e 2009, inventando unha modalidade de feira que logo foi replicada en outros lugares.